miércoles, 22 de octubre de 2014

Huelga 21, 22 y 23 Octubre


                  
-

     La Conferencia de Anpas  (CONFAPA) ha emitido un comunicado:
   

                                                                                                               20 de outubro de 2014



SOBRE A FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA OS DÍAS 21, 22 E 23 DE OUTUBRO E DAS CONCENTRACIÓNS DO DÍA 23.

---

Os días 21, 22 e 23 deste mes de outubro está convocada una folga polo Sindicato de Estudantes, (SE), na nosa Comunidade.

 

Nesta ocasión, dita folga é unha convocatoria unilateral do SE, que non está consensuada nin convocada por todos os integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público da que CONFAPA-GALICIA forma parte xunto con IESGA, CCOO-ENSINO, FETE-UGT, SE e ESCOLA VIVA (MRP). Esta situación é un feito excepcional a valorar con cautela para ver como reconducir a situación creada, tal e como é desexo de CONFAPA-GALICIA: sempre apostamos e seguiremos apostando polos espazos de unidade e as convocatorias conxuntas.

 

A pesares disto, temos claro que o obxectivo desta folga e das concentracións do día 23 non é outro que seguir loitando contra a inaceptable situación actual da Educación Pública en Galicia e tamén a nivel Estatal, polo que esperamos que sexa un éxito.

 

CONFAPA-GALICIA, sempre dentro da Plataforma en Defensa do Ensino Público, non participará como tal nas concentracións. Pero facemos un chamamento ás nais e pais do alumnado para que, a título individual, participen nas concentracións e nas manifestacións de

 
    A Coruña:  día 23. Pza.Palloza ás 19:30h

Vigo: día 23. Rúa Príncipe (diante do MARCO) ás 19.30h

 
porque segue a ser imprescindible que a nosa aportación axude a conquerir o éxito necesario, xa que sen a nosa presencia como familias tal éxito ou non existe ou faise moito máis dificil. A loita para acadar un novo modelo educativo non debe pararse. Os camiños que leven a isto poden ser moitos e ningún deles é bo ou malo, só é positivo ou non.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario